jueves, 23 de abril de 2020

Volcán Anak Krakatoa


                           O  KRAKATOA.

                        O volcán da morte.



O arquipélago de Krakatoa  está formado por illas volcánicas.
Este grupo de illas atópase no estreito de Sonda ( Indonesia).
O nome de Krakatoa tamén úsase para nomear a illa principal do arquipélago.
En maio de 1883 foi cando comezaron unha serie de erupcións que continuaron ata o 27 de agosto dese mesmo ano. Isto é o que provocou  que se formase un  tsumani, este chegou a levar moitas vidas por diante.



O volcán desapareceu case por completo, aproximadamente, durante 50 anos baixo o mar. 
Pero anos despois, as erupcións volcánicas comezaron de novo baixo o fondo mariño.
O Anak Krakatoa é un dos volcáns  máis mortíferos do mundo.
Entre 1928 e 1930 apareceu a illa do Anak Krakatoa.



No 2011 o volcán tiña un radio de dous quilómetros, e unha altura de 324 metros.
O 22  decembro do 2018 o volcán Krakatoa entrou en erupción. Este provocou un tsunami que matou a moita xente.
O tsunami destrozou as zonas costeiras de Bantén e Lampung, en Indonesia.
Esta catástrofe non se estableceu ata o 10 de xaneiro. Tamén deixou numerosos mortos, feridos, e algún desaparecido.


As erupcións foron moi seguidas, e dende entón continuou a haber erupcións cada ano.
No 2017 a altura deste volcán é de máis de 400 metros sobre o nivel do mar.

No 2018 foi unha das erupcións máis importantes. 
Tras moitas erupcións, en decembro de 2018, a altura do volcán reduciuse a 110 metros.


A última erupción volcánica do Anak Krakatoa foi o 10 de abril do 2020, esta non foi tan violenta coma as anteriores. 
Este volcán produciu fontes e ríos de lava, e tamén choivas de cinzas.
Este tipo de erupcións pequenas poden ser un pequeno aviso dunha erupción moito maior, ou a advertencia da chegada dun tsunami.
Xeralmente as erupcións son provocadas polo aumento da presión da chimenea do volcán, debido aos gases do material que fluen do interior da terra. (Magma).
Unha erupción volcánica, vai acompañada de tremores, aumento de temperatura na terra, explosións, lanzamento ao aire de cinzas e gases, e finalmente a expulsión da lava.










Erupción del volcán Krakatoa en noviembre de 2018, otro momento de gran actividad.
https://www.elagoradiario.com/clima-y-energia/krakatoa-erupcion-lava-indonesia/

Autoría: Carlos de Pablo.
Lugar: Indonesia.
Fecha: Noviembre de 2018


viernes, 17 de abril de 2020

Elaboración de visores protectores e mascarillas


Elaboración de visores protectores e 

mascarillas.







A iniciativa altruista de Amparo Murgui xurdeu no tempo de confinamento ca elaboración de visores protectores e mascarillas para o persoal sanitario, a policía e os bombeiros.


Amparo Murgui é filla dunha médico e ten outros familiares sanitarios, e o ver que todo este persoal de risco estaba moi desprotexido, así como a policía e os bombeiros, quixo axudar a elaborar material sanitario como os visores protectores e as mascarillas.






Esta idea desenvolveuna o colectivo nacional "Coronavirus Makers" (colectivo que se encarga da fabricación de respiradores artificiais). Amparo Murgui é quen lidera dende Mislata (Valencia) a un pequeno grupo de 11 a 20 persoas as cales elaboran os visores protectores e as mascarillas. E xunto con Susana Sánchez, Teresa de Gracia e entre 20 modistas, as cales, tamén estaban os compoñentes d´Enfila, confecionaron 1.500 mascarillas ao departamento de pediatría do Hospital La Fe de Valencia.


A min pareceme unha boa forma de axudar a todos (sanitarios, bombeiros, policias e aos propios enfermos do Coronavirus), xa que, non teñen o material necesario do que botar man  para axudar a tantas persoas que están contaxiadas.