miércoles, 20 de noviembre de 2019

O Gusano Calamar, Ave Picozapato e Serpe de Xarretera

O Gusano Calamar



Pertence a especie dos anélidos.

Alimentase de plancton.

Habita nas rexións abisais do mar de Celebes, entre as Illas Filipinas e 

Indonesia.

Vive a unha profundidade de entre 2000 e 3000 mts.






Mide uns 9 cm. e ten a cada lado do corpo 25 pares de "Remos Brancos" que lle 

axudan a desprazarse na auga xunto con 10 tentáculos que saen da súa 

cabeza, os cales lle dan unha apariencia de calamar, e de ahí ven o seu nome.

Os exemplares xóvenes son transparentes mentres que os adultos son marróns 

están recubertos dunha masa xelatinosa.












Ave Picozapato




O seu nome común daselle pola forma do seu enorme peteiro.

Pertence a familia dos pelícanos e dos alcatraces.







Alimentase de anfibios, vertebrados tales coma peixes e rás, crías de crocodilo, 

serpes de auga, roedores e crías de aves acuáticas.







Habita na zona este e tropical de África, en pantanos e ribeiras dende Sudán 

ata Zambia concretamente en  República Centroafricana, Ruanda, Sudán, 

Tanzania, Zambia, Congo, Sudáfrica, Uganda e tamén en Etiopía.

A súa reprodución é ovípara, as femias poñen de un a tres ovos nun niño 

construido a beira da auga, para mollar os ovos de vez en cando e así regular

a temperatura de incubación, que dura un mes.







Aos dous meses de idade as crías miden xa 1 metro de altura.










 Serpe de Xarretera



É unha das serpes máis fermosas que se coñecen polo seu corpo colorido.








O seu habitat atópase na costa de California, e no norte, sur e este da 

península de San Francisco.

Vive en bosques,campos, pradeiras, regatos, humedais, pantanos e estanques.








As femias chegan a medir ata 1 metro de lonxitude, mentres que os machos

non pasan dos 75 cm.

Aliméntanse básicamente de anfibios e miñocas da terra, peixes, roedores e 

pequenos páxaros.








Son ovovivíparas, é dicir, que teñen os ovos no seu interior e logo paren as 

crías, o tempo de incubación vai dos 2 aos 3 meses e prodúcese nos finais da 

primavera e comezos do verán. Nunha paridura poden nacer ata 80 novas 

serpes.










Non é velenosa para os seres humanos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario