miércoles, 20 de noviembre de 2019

Markhor, Golfiño de Irrawaddy e O Peixe Mancha

Markhor



O Markhor é un mamífero que vive nos bosques montañosos do Himalaia. 






O seu nome significa en Persa "Comedor de serpes".

É o animal nacional de Pakistán.

Vive en alturas que oscilan entre os 600 e os 3600 metros nas montañas de 

Afganistán e Pakistán.







Mide ata 140 cm. de largo é 1 metro de alto, chega a pesar os 100 Kg, pero  a 

súa principal característica son os cornos, que nos grandes machos poden 

superar 1 metro de lonxitude.

É un mamífero hervívoro.







O período de xestación varia dende os 135 os 170 días é paren entre unha e 

dúas crías por camada.









Golfiño de  Irrawaddy


O golfiño de Irrawaddy é unha especie de cetáceo.

A súa principal característica é a cabeza redondeada que carece do peteiro 

característico do golfiños.






A cor da súa pel varia dende o azul grisáceo o gris medio ou azul claro.

Alcanza na súa madurez unha lonxitude de algo máis de 2 metros, chegando a 

pesar 120 Kg.

Poden chegar a vivir 30 anos.

O seu habitat atópase en zonas medianamente profundas nas costas do Océano 

Índico entre a India e Indonesía.

O período de xestación deste golfiño dura 14 meses, e as crías ao nacer miden 

metro de lonxitude e pesan uns 12 Kg.






Alimentanse de peixes, polbos, luras e outras presas deste tipo que se atopan 

 preto do leito mariño.











O peixe mancha

Tamén coñecido como peixe gota, peixe borrón, xanaira ou blobfish, pertence a 

familia dos peixes "Cabezas gordas".








Habitan en augas profundas entre 900 e 1200 metros fronte as costas da parte 

continental de Australia e Tasmania, así como en augas de Nova Zelanda.

A súa principal característica é que a carne deste peixe e maioritariamente 

unha masa xelatinosa, cunha densidade menor a da auga, o que lle permite 

flotar sobre o fondo mariño sen gastar enerxía nadando.

Mide entre 30 e 38 cm. É de cor crema.








Alimentase de ourizos de mar, crustaceos e moluscos.

A súa reprodución é ovípara, é e un feito extrano que custodian os seus ovos 

ata a eclosión dos mesmos.

En setembro do 2013 foi elexido como o " Animal máis feo do mundo".







No hay comentarios:

Publicar un comentario