jueves, 23 de abril de 2020

Volcán Anak Krakatoa


                           O  KRAKATOA.

                        O volcán da morte.



O arquipélago de Krakatoa  está formado por illas volcánicas.
Este grupo de illas atópase no estreito de Sonda ( Indonesia).
O nome de Krakatoa tamén úsase para nomear a illa principal do arquipélago.
En maio de 1883 foi cando comezaron unha serie de erupcións que continuaron ata o 27 de agosto dese mesmo ano. Isto é o que provocou  que se formase un  tsumani, este chegou a levar moitas vidas por diante.



O volcán desapareceu case por completo, aproximadamente, durante 50 anos baixo o mar. 
Pero anos despois, as erupcións volcánicas comezaron de novo baixo o fondo mariño.
O Anak Krakatoa é un dos volcáns  máis mortíferos do mundo.
Entre 1928 e 1930 apareceu a illa do Anak Krakatoa.



No 2011 o volcán tiña un radio de dous quilómetros, e unha altura de 324 metros.
O 22  decembro do 2018 o volcán Krakatoa entrou en erupción. Este provocou un tsunami que matou a moita xente.
O tsunami destrozou as zonas costeiras de Bantén e Lampung, en Indonesia.
Esta catástrofe non se estableceu ata o 10 de xaneiro. Tamén deixou numerosos mortos, feridos, e algún desaparecido.


As erupcións foron moi seguidas, e dende entón continuou a haber erupcións cada ano.
No 2017 a altura deste volcán é de máis de 400 metros sobre o nivel do mar.

No 2018 foi unha das erupcións máis importantes. 
Tras moitas erupcións, en decembro de 2018, a altura do volcán reduciuse a 110 metros.


A última erupción volcánica do Anak Krakatoa foi o 10 de abril do 2020, esta non foi tan violenta coma as anteriores. 
Este volcán produciu fontes e ríos de lava, e tamén choivas de cinzas.
Este tipo de erupcións pequenas poden ser un pequeno aviso dunha erupción moito maior, ou a advertencia da chegada dun tsunami.
Xeralmente as erupcións son provocadas polo aumento da presión da chimenea do volcán, debido aos gases do material que fluen do interior da terra. (Magma).
Unha erupción volcánica, vai acompañada de tremores, aumento de temperatura na terra, explosións, lanzamento ao aire de cinzas e gases, e finalmente a expulsión da lava.










Erupción del volcán Krakatoa en noviembre de 2018, otro momento de gran actividad.
https://www.elagoradiario.com/clima-y-energia/krakatoa-erupcion-lava-indonesia/

Autoría: Carlos de Pablo.
Lugar: Indonesia.
Fecha: Noviembre de 2018


viernes, 17 de abril de 2020

Elaboración de visores protectores e mascarillas


Elaboración de visores protectores e 

mascarillas.







A iniciativa altruista de Amparo Murgui xurdeu no tempo de confinamento ca elaboración de visores protectores e mascarillas para o persoal sanitario, a policía e os bombeiros.


Amparo Murgui é filla dunha médico e ten outros familiares sanitarios, e o ver que todo este persoal de risco estaba moi desprotexido, así como a policía e os bombeiros, quixo axudar a elaborar material sanitario como os visores protectores e as mascarillas.






Esta idea desenvolveuna o colectivo nacional "Coronavirus Makers" (colectivo que se encarga da fabricación de respiradores artificiais). Amparo Murgui é quen lidera dende Mislata (Valencia) a un pequeno grupo de 11 a 20 persoas as cales elaboran os visores protectores e as mascarillas. E xunto con Susana Sánchez, Teresa de Gracia e entre 20 modistas, as cales, tamén estaban os compoñentes d´Enfila, confecionaron 1.500 mascarillas ao departamento de pediatría do Hospital La Fe de Valencia.


A min pareceme unha boa forma de axudar a todos (sanitarios, bombeiros, policias e aos propios enfermos do Coronavirus), xa que, non teñen o material necesario do que botar man  para axudar a tantas persoas que están contaxiadas.






viernes, 3 de enero de 2020

A Palabra do Ano Tarefa 8

O Portal das palabra


 8.1

 A palabra que escollín foi " ledicia " porque este ano para min foi moi 

divertido e paseino xenial coa miña familia ( coñecendo lugares e 

disfrutando cada segundo ) e cos/cas meus/miñas amigos/as, cos que quedei 

porque facía moito tempo que non os vía, recordando momentos e anécdotas 

inolvidables con moitas risas.

O meu mellor amigo sempre me fai rir e pásomo xenial con el. 

Foi un ano moi emocionante e divertido porque pasei de primaria para 

secundaria, esta esperiencia será inolvidable.

Por Nadal estivemos toda a familia xunta polo que estiven moi comtenta, e 

tamén mo pasei xenial.  









8.2 Temos a Palabra do ano dende o ano 2014.





As palabras que houbo co ano correspondente son:


2014: Corrupción

2015: Refuxiados

2016: Irmandade

2017: Afouteza

2018: Deseucaliptación

2019: Sentidiño


8.3.1  A palabra sentidiño haina en Galego, Castelán e Inglés.


8.3.2 

2014:

  • Galego: corrupción. 
  • Inglés: corruption.
  • Francés: la corruption.

2015:

  • Galego: refuxiados.
  • Inglés: refugees.
  • Francés: réfugiés.

2016:


  • Galego: irmandade.
  • Inglés: brotherhood.
  • Francés: fraternité.

2017:

  • Galego: afouteza.
  • Inglés: affection.
  • Francés: affection.

2018:

  • Galego: deseucaliptación.
  • Inglés: desucaliptation.
  • Francés: désucaliptation.


8.3.3


O Portal das Palabras nace dun convenio xerado no ano 2012 entre a RAG e a 

fundación Barrié. Este é un convenio de colaboración en materia de lexicografía

que ten como obxectivos modernizar os sistemas de investigación, acometer 

novos traballos, elaborar aplicacións e promover este portal.

No ano 2014 produceuse a elixir a primeira Palabra do ano el galego.





A PRIMEIRA PALABRA DO ANO QUE 

EXISTIU FOI NO ANO 2014:


CORRUPCIÓN



   

domingo, 8 de diciembre de 2019

Noticia de privacidade sobre o roubo de datos persoais



Coidado, aumentan os golpes para 

roubar fotografías e documentos dos 

usuarios


A compañía de ciberseguridade Kanspershy avisou nun informe oficial, 
sobre o elevado aumento de "Phishing" contra usuarios relacionados 
cos datos persoais, no terceiro trimestre do ano 2019.
O phishing prodúcese cando unha persoa usurpa os teus datos, e faise 
pasar por ti creando así unha personalidade fraudulenta.
Ainda que observaron máis ataques en busca de selfies, diminuiron con 
respecto o ano pasado.
Os países máis afectados polo phishing son Venezuela, Grecia e Brasil.





miércoles, 20 de noviembre de 2019

Markhor, Golfiño de Irrawaddy e O Peixe Mancha

Markhor



O Markhor é un mamífero que vive nos bosques montañosos do Himalaia. 






O seu nome significa en Persa "Comedor de serpes".

É o animal nacional de Pakistán.

Vive en alturas que oscilan entre os 600 e os 3600 metros nas montañas de 

Afganistán e Pakistán.







Mide ata 140 cm. de largo é 1 metro de alto, chega a pesar os 100 Kg, pero  a 

súa principal característica son os cornos, que nos grandes machos poden 

superar 1 metro de lonxitude.

É un mamífero hervívoro.







O período de xestación varia dende os 135 os 170 días é paren entre unha e 

dúas crías por camada.









Golfiño de  Irrawaddy


O golfiño de Irrawaddy é unha especie de cetáceo.

A súa principal característica é a cabeza redondeada que carece do peteiro 

característico do golfiños.






A cor da súa pel varia dende o azul grisáceo o gris medio ou azul claro.

Alcanza na súa madurez unha lonxitude de algo máis de 2 metros, chegando a 

pesar 120 Kg.

Poden chegar a vivir 30 anos.

O seu habitat atópase en zonas medianamente profundas nas costas do Océano 

Índico entre a India e Indonesía.

O período de xestación deste golfiño dura 14 meses, e as crías ao nacer miden 

metro de lonxitude e pesan uns 12 Kg.






Alimentanse de peixes, polbos, luras e outras presas deste tipo que se atopan 

 preto do leito mariño.











O peixe mancha

Tamén coñecido como peixe gota, peixe borrón, xanaira ou blobfish, pertence a 

familia dos peixes "Cabezas gordas".








Habitan en augas profundas entre 900 e 1200 metros fronte as costas da parte 

continental de Australia e Tasmania, así como en augas de Nova Zelanda.

A súa principal característica é que a carne deste peixe e maioritariamente 

unha masa xelatinosa, cunha densidade menor a da auga, o que lle permite 

flotar sobre o fondo mariño sen gastar enerxía nadando.

Mide entre 30 e 38 cm. É de cor crema.








Alimentase de ourizos de mar, crustaceos e moluscos.

A súa reprodución é ovípara, é e un feito extrano que custodian os seus ovos 

ata a eclosión dos mesmos.

En setembro do 2013 foi elexido como o " Animal máis feo do mundo".







O Gusano Calamar, Ave Picozapato e Serpe de Xarretera

O Gusano Calamar



Pertence a especie dos anélidos.

Alimentase de plancton.

Habita nas rexións abisais do mar de Celebes, entre as Illas Filipinas e 

Indonesia.

Vive a unha profundidade de entre 2000 e 3000 mts.






Mide uns 9 cm. e ten a cada lado do corpo 25 pares de "Remos Brancos" que lle 

axudan a desprazarse na auga xunto con 10 tentáculos que saen da súa 

cabeza, os cales lle dan unha apariencia de calamar, e de ahí ven o seu nome.

Os exemplares xóvenes son transparentes mentres que os adultos son marróns 

están recubertos dunha masa xelatinosa.












Ave Picozapato




O seu nome común daselle pola forma do seu enorme peteiro.

Pertence a familia dos pelícanos e dos alcatraces.







Alimentase de anfibios, vertebrados tales coma peixes e rás, crías de crocodilo, 

serpes de auga, roedores e crías de aves acuáticas.







Habita na zona este e tropical de África, en pantanos e ribeiras dende Sudán 

ata Zambia concretamente en  República Centroafricana, Ruanda, Sudán, 

Tanzania, Zambia, Congo, Sudáfrica, Uganda e tamén en Etiopía.

A súa reprodución é ovípara, as femias poñen de un a tres ovos nun niño 

construido a beira da auga, para mollar os ovos de vez en cando e así regular

a temperatura de incubación, que dura un mes.







Aos dous meses de idade as crías miden xa 1 metro de altura.










 Serpe de Xarretera



É unha das serpes máis fermosas que se coñecen polo seu corpo colorido.








O seu habitat atópase na costa de California, e no norte, sur e este da 

península de San Francisco.

Vive en bosques,campos, pradeiras, regatos, humedais, pantanos e estanques.








As femias chegan a medir ata 1 metro de lonxitude, mentres que os machos

non pasan dos 75 cm.

Aliméntanse básicamente de anfibios e miñocas da terra, peixes, roedores e 

pequenos páxaros.








Son ovovivíparas, é dicir, que teñen os ovos no seu interior e logo paren as 

crías, o tempo de incubación vai dos 2 aos 3 meses e prodúcese nos finais da 

primavera e comezos do verán. Nunha paridura poden nacer ata 80 novas 

serpes.










Non é velenosa para os seres humanos.